Redeseñar o que somos para renovar o que

A Sociedade Española de Documentación e Información Científica (SEDIC) é a principal asociación española de profesionais especializados na xestión da información e da documentación.

O noso obxectivo é xerar un espazo organizativo de vangarda, eficaz, adaptable, sostible e centrado nos retos da profesión.

SOBRE SEDIC

SEDIC é a asociación de profesionais especializados na xestión da información e a documentación (arquiveiros, bibliotecarios, documentalistas, xestores da información, xestores de contido, bibliometras, content curators, analistas de datos e demais profesionais relacionados) máis numerosa e importante de España. Nela pódese atopar un entorno colaborativo e de aprendizaxe que reúne a todo tipo de especialistas do sector”.

b3lineicon|b3icon-users-group||Users Group

SOCIOS

b3lineicon|b3icon-book-open||Book Open

PUBLICACIÓNS

b3lineicon|b3icon-graduation||Graduation

FORMACIÓN

b3lineicon|b3icon-user-pin||User Pin

EMPREGO

b3lineicon|b3icon-paper-plane||Paper Plane

Misión de SEDIC

A Sociedade Española de Documentación e Información Científica (SEDIC) ten como misión promover e fortalecer profesionais capaces de crear accións colaborativas coa sociedade e de contribuir así ao seu benestar e á creación de valor.

SEDIC foi, dende os seus comezos no 1975, unha asociación líder na representación de profesionais da información e da documentación: arquiveiros, bibliotecarios, documentalistas, xestores da información, xestores de contenido, bibliómetras, content curators e demais profesionais relacionados coa xestión documental.

Formar a agrupación máis numerosa de profesionais especializados na xestión documental converteu a SEDIC nun entorno de colaboración que vai máis alá dun colexio profesional, cunha visión aperturista sobre unha profesión en constante evolución que se nutre de múltiples perfís profesionais con multitude de necesidades e inquedanzas diferentes, e con traxectorias formativas e experiencias laborais moi diversas.

Esta posición de liderado ven tamén, en boa medida, da calidade dos seus programas de formación permanente especializada, que tamén inclúen a organización de cursos gratuitos, cursos para oposición a bibliotecas e para oposición en arquivos, cursos de formación a medida para empresas e para todo tipo de profesionais da información (arquiveiros, bibliotecarios, documentalistas, xestores da información, e todos os novos perfís de profesionais que se van consolidando no noso panorama profesional como son o bibliómetra, o content curator, o científico ou o analista de datos, o experto en arquivo electrónico, entre outros). SEDIC inclúe no seu programa formativo un alto compoñente de innovación coa posta en marcha cada ano de 10 cursos de formación totalmente novos. Isto permite que a asociación sexa pioneira na formación especializada sobre catalogación en RDA, catalogación formato MARC21 ou ISBD, en xestión documental con Alfresco e xestión de arquivos con ATOM. Ofertáronse tamén cursos sobre propiedade intelectual para profesionais da información, en marketing de contidos, web semántica ou en documentación en biobancos, en dixitalización de documentos, xestores bibliográficos, Open Refine ou bibiometría, sen esquecer contidos mais clásicos, pero igual de importantes para o profesional como paleografía ou libro antigo.

O fomento do emprego en bibliotecas, arquivos e unidades de información é outra das líñas estratéxicas principais para SEDIC, que traballa na difusión de ofertas de emprego exclusivas para os seus asociados. Todo elo, unido á multitude de servizos e actividades que se realizan en SEDIC, como visitas a centros de interese, xornadas, eventos e networking para profesionais en arquivos e bibliotecas, programa de mentoring, e elaboración de diversas publicacións científicas, divulgativas e profesionais como o Clip ou os documentos de traballo.

fas|fa-glasses|

Visión de SEDIC

A nosa visión cosiste en xerar un espazo organizativo de vangarda, eficaz, adaptable, sostible e centrado nos retos da profesión, e facelo baixo principios orientadores:

 

  1. Transversalidade
  2. Equilibrio
  3. Identidade e diversidade
  4. Creatividade
  5. Memoria e innovación
  6. Papel conector entre profesionales
fas|fa-compass|

Valores de sedic

En SEDIC rexémonos por unha serie de valores e principios éticos que constitúen a pedra angular da nosa actividade:

  1. Compromiso
  2. Orientación ao logro
  3. Profesionalidade
  4. Innovación
  5. Equipo
  6. Participación
b3lineicon|b3icon-lifebuoy||Lifebuoy

Colaboran con SEDIC

SEDIC

C/ Rodríguez San Pedro 2. Oficina 606. 28015 Madrid

+34 639 186 570

sedic@sedic.es