Socios

b3lineicon|b3icon-users-group||Users Group

OS NOSOS SOCIOS

A Sociedade Española de Documentación e Información Científica (SEDIC), fundada no 1975 e con máis de 900 socios, proporciona un marco para a cooperación, o intercambio de ideas e experencias, e un apoio na formación continua para os diversos profesionais relacionados coa xestión da información, como son:

  • Documentalistas

  • Bibliotecarios

  • Bibliotecarios especializados

  • Arquiveiros

  • Xestores de recursos electrónicos de información

  • Xestores de contidos

  • Xestores de comunidades virtuais

  • Administradores de webs e Intranet

  • Profesores universitarios

  • Investigadores

  • Xestores do coñecemento

  • Calquera outro profesional da información

Tamén asume un papel activo na representación dos intereses da nosa comunidade profesional diante das Administracións Públicas Españolas, a Unión Europea e diversos organismos internacionais.

Ser socio de SEDIC ten numerosas ventaxas para un profesional da información:

 

  1. Facilita o networking con profesionais do sector a través das diversas actividades, xornadas e eventos que se organizan de xeito gratuito para os socios.
  2. Organiza visitas a centros de interese para o profesional.
  3. Permite continuar coa formación para bibliotecarios, documentalistas e arquiveiros, especializada e de calidade, para que te mateñas sempre actualizado e preparado para os retos profesionais que te propoñas.
  4. Aposta polo emprego en bibliotecas e arquivos, a través do seu portal de emprego de Lindekin, no que se publican ofertas exclusivas para socios e das vantaxes do programa de mentoring para socios.
  5. Mantén informado ao socio con novas de interese para o profesional e publicacións.
  6. Ofrece vantaxes en comercios e institucións para beneficiarse de descontos en produtos e servizos.
  7. Representa a profesionais do sector diante das administracións e organizacións relacionadas.
  8. Posibilita a creación de proxectos en grupo.
  9. Este punto pólo ti. Porque en SEDIC procuramos sempre novas vías de colaboración e novos servizos de interese para ofrecer aos socios. Ti propós.

ÚNETE

Acceda á información completa visitando a páxina en español

SEDIC

C/ Rodríguez San Pedro 2. Oficina 606. 28015 Madrid

34 915 934 059 / +34 639 186 570

sedic@sedic.es